Con "Shakespeare Low Cost" de Carauta Teatro, o ciclo PoioEscena 2014 chega ao seu ecuador
Por Redacción
O ciclo de teatro afeccionado PoioEscena chega ao seu ecuador. Faino coa representación da obra Shakespeare Low Cost, unha obra da compañía Carauta Teatro. Poderase ver este venres 27 de xuño, a partir das 21.00 horas, no escenario do local social da Comunidade de Montes de Combarro.
Descrita como un cursiño rápido para sabelo todo sobre Romeo e Xulieta, Hamlet, Macbeth, ou o Rei Lear, Shakespeare Low Cost é unha comedia que repasa os traballos máis coñecidos do dramaturgo inglés, un home que deixou un legado que perdura séculos despois. Non só nos seus libros, senón tamén no cine, na televisión ou no teatro.
O ciclo anual de teatro PoioEscena está organizado pola concellaría de Cultura de Poio e as asociacións Armadiña de Combarro, SCD Samieira e SCD Raxó.
Os prezos da entrada oscilan entre os 50 céntimos e os tres euros, segundo se sexa socio ou non dalgunha das tres asociación.