Ultiman o acondicionamento e a colocación de 42 esculturas mariñeiras en Punta Moreiras
Por Redacción
A Escola de Canteiros ultima a obra de acondicionamento de Punta Moreiras, no Grove, e a instalación de 42 esculturas de temática mariñeira, para poder inaugurar o conxunto escultórico, de ocio e medioambiental, na primeira quincena do vindeiro mes.
Ata agora xa rematou a colocación do faro, a última escultura en pedra que faltaba, e só lle quedan por instalar oito hamacas de pedra que servirán de zona de descanso e para tomar o sol aos visitantes, así como acondicionar o entorno.
A Deputación de Pontevedra prevé que o conxunto escultórico poida ser inaugurado oficialmente na primeira quincena do vindeiro mes, no entorno da festividade da Virxe do Carme, patrona dos mariñeiros.
O conxunto de Punta Moreiras tén como finalidade, precisamente, servir de homaxe ás xentes do mar cunha obra de grande importancia medioambiental, pola súa integración na naturaleza e pola súa simbiose co Museo de Salazón próximo, que se convertirá nun espazo de ocio, información e punto de atractivo turístico.
As 42 esculturas, xa instaladas, conforman un conxunto de edificacións, figuras humanas e animais, alusivas ao mar e reproducen os símbolos máis característicos del e dun porto pesqueiro pois reproducen artes de pesca tradicional, a fauna marina típica das costas galegas e as actividades que, ainda que se desenvolvan en terra, están estreitamente vencelladas ao mar.
As 42 esculturas xa instaladas agrupanse en cinco zonas:
- Con peixes e un mariñeiro, inclúe 6 esculturas.
- Representa unha lonxa con outras 6 pezas en pedra.
- Son 12 esculturas de nenos e aves.
- ÿ o espazo dos peixes, reproducidos en 11 esculturas de pedra.
- Inclúe 7 pezas de redeiras, tortugas, un neno, unha cola de balea y varias tumbonas.