Soziedad Alkoholika, Duncan Dhu, Love of Lesbian, Antonio Orozco ou El Consorcio, nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño
Pontevedra vestirá as súas mellores galas do 9 ao 17 de agosto para as súas festas patronais, as Festas da Peregrina. ÿ un dos principais atractivos das Festas do Verán, cuxa programación desvelou este venres a concelleira de Festas, Carme da Silva. Serán nove días cheos de actividades "variadas e para todos os gustos", xa que o Concello de Pontevedra pretende que "todos os pontevedreses poidan gozar delas".
Nesta semana grande, a música volverá ser a gran protagonista. Os seus concertos son unha das citas preferidas desta programación e este ano volverá haber propostas para todo tipo de público. Soziedad Alkoholika, Duncan Dhu, Love of Lesbian, Milladoiro, Efecto Pasillo, Antonio Orozco e El Consorcio actuarán na Praza de España, xunto cos espectáculos de Máxima FM e o festival infantil A nena e ou grilo nun barquiño.
A Praza da Ferrería será o escenario doutra serie de concertos, dirixidos a unha audiencia diferente, "pero moitos deles con calidade suficiente para actuar na Praza de España", segundo Carme da Silva. Serán, entre outras, as actuacións de Sés, Black Stones, o man a man entre a Banda de Música de Salcedo e a Banda de Música de Pontevedra, A Roda coa propia BMP ou o tradicional festival de corais.
E de novo, a Praza do Teucro "xa consolidado como espazo infantil" acollerá os espectáculos dirixidos aos máis pequenos, con obras de teatro e concertos creados especialmente para eles. Ademais destes tres espazos, toda a cidade, especialmente as rúas e prazas do centro histórico acollerán actividades durante todo o día, co obxectivo de que "haxa festa e animación pola rúa".
A programación completa das Festas da Peregrina é a seguinte:
SÁBADO 9 DE AGOSTO
- 12.00 horas. Lectura do pregón desde o balcón do Pazo de Mugartegui.
- 12.45 horas. Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a Praza de Mugartegui ata o santuario da Peregrina.
- 13.15 horas. Actuacións nas prazas do centro histórico das agrupacións folclóricas Gaiteiros das Rías Baixas, Barbude, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Os de Algures, Grupo Foula, Duos Pontes e Celme.
- 14.00 horas. Entrega dos premios Amigos de Pontevedra.
- 22.30 horas. Concerto de Soziedad Alkoholika + Vortex na Praza de España.
- 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Samil e Latino
- 24.00 horas. Fuegos de artificio en el muelle de As Corbaceiras.
DOMINGO 10 DE AGOSTO
- 12.00 horas. Misa no santuario da Peregrina.
- 13.00 horas. Actuación nas prazas da cidade do grupo Andaina.
- 21.00 horas. Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial de cintas, do século XVIII.
- 22.30 horas. Concerto de Duncan Dhu na Praza de España.
- 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Tokio e Blue Star.
LUNS 11 DE AGOSTO
- 13.00 horas. Actuación do grupo Chouteira e Os de Algures nas prazas e rúas da cidade.
- 19.30 horas. Teatro infantil: Os tres tenedores, na Praza do Teucro.
- 21.00 horas. Concerto man a man entre a Banda de Música de Salcedo e a Banda de Música de Pontevedra, na Praza da Ferrería.
- 22.30 horas. Concerto de Love of Lesbian na Praza de España.
- 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Xacobeo.
MARTES 12 DE AGOSTO
- 13.00 horas. Actuación do grupo Dolmen e Gaiteiros das Rías Baixas nas prazas e rúas da cidade.
- 19.30 horas. Actuación de Tropa de Trapo. Antía, Wamba e o regato pequeno, na Praza do Teucro.
- 21.00 horas. Concerto de A Roda e a Banda de Música de Pontevedra, na Praza da Ferrería.
- 22.30 horas. Concerto de Máxima FM na Praza de España.
- 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Bahía.
MÿRCORES 13 DE AGOSTO
- 12.00 horas. Actuación do grupo Os de Mourente e Cantareiras Leitaregas nas prazas e rúas da cidade.
- 19.00 horas. Batalla de flores, percorrendo as rúas Loureiro Crepso, Cobián Areal, Uxío Novoneyra e Eduardo Pondal.
- 21.00 horas. Festival infantil: A nena e o grilo nun barquiño, na Praza de España.
- 22.30 horas. Concerto de Black Stones na Praza da Ferrería.
- 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Bohemia.
XOVES 14 DE AGOSTO
- 12.00 horas. Actuación do grupo Xoldra e Cantareiras de Aturuxo Pequeno nas prazas e rúas da cidade.
- 19.30 horas. Música infantil: Rolada, na Praza do Teucro.
- 21.00 horas. Concerto da Banda de Música de Salcedo con Rubén Simeó, na Praza da Ferrería.
- 22.00 horas. Cantos de tabernas: Ghusto de Boi e Abródiga, en bares do centro histórico.
- 22.30 horas. Concerto de Milladoiro na Praza de España.
- 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Son D'Vigo e Odisea da Coruña.
VENRES 15 DE AGOSTO
- 11.15 horas. Actuación do grupo Os Alegres, Os de Algures e Cantareiras Leitaregas nas prazas e rúas da cidade.
- 12.30 horas. Misa solemne e procesión de Santa María.
- 13.30 horas. Concerto da Banda de Música de Salcedo na Avenida de Santa María.
- 19.30 horas. Teatro infantil: Chapuzas a domicilio, na Praza do Teucro.
- 21.00 horas. Festival de corais: Coral Bella Helenes, Coral Polifónica ACD O Chopo, Agrupación Polifónica da Guarda, Coral Barcarola e Coral Airiños de Campañó, na Praza da Ferrería.
- 22.00 horas. Cantos de tabernas: Maravallada y Regato de Matamulleres, en bares del centro histórico.
- 22.30 horas. Concerto de Efecto Pasillo na Praza de España.
- 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Chanel.
- 23.00 horas. Verbena de San Roque na Praza do Gremio de Mareantes: orquestra Salsa Costa.
- 24.00 horas. Espectáculo pirotécnico no peirao das Corbaceiras.
SÁBADO 16 DE AGOSTO
- 19.00 horas. Concerto de San Roque pola Banda de Música de Pontevedra, na Praza Irmáns Pazó..
- 19.30 horas. Actuación de Xavier Muro: Fantasía máxica, na Praza do Teucro.
- 20.00 horas. Misa na Basílica de Santa María e procesión de San Roque.
- 21.00 horas. Festival de corais: Coral de Poio, Coral Polifónica Padronesa, Voces Amigas de Mourente, Coral Polifónica Asomamos de Mos e Coral Alameda do Fogar do Maior, na Praza da Ferrería
- 22.30 horas. Concerto de Antonio Orozco na Praza de España.
- 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Lume e Latino de Vigo.
DOMINGO 17 DE AGOSTO
- 19.30 horas. Teatro infantil. Seisdedos Títeres: Cocer e cantar, na Praza do Teucro.
- 21.00 horas. Concerto de Sés na Praza da Ferrería.
- 22.30 horas. Concerto de El Consorcio na Praza de España.
- 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Intervalo Show e Quinta Avenida.
- 24.00 horas. Fogos de artificio no peirao das Corbaceiras.
As Festas da Peregrina inclúense nunhas Festas do Verán de Pontevedra que contará con máis de 200 actividades durante os meses de xullo e agosto.
Relacionadas:
-
A Roda dálle outra volta ao ambiente festivo
Por Redacción |
-
A Ferrería vibra con Sés nun concerto por "todos os que seguen loitando polos nosos dereitos"
Por Natalia Puga |
-
As Festas da Peregrina encaran a súa recta final cun 'llenazo' de Antonio Orozco
Por Redacción |
-
Efecto Pasillo, un cheo 'de anuncio' na praza de España
Por Redacción |
-
'A nena e o grilo nun barquiño' emociona os máis pequenos na Praza de España
Por Redacción |
-
Love of Lesbian fai as delicias dos seus fans na Praza de España
Por Redacción |
-
Duncan Dhu vence ao clima para repasar os mellores temas da súa carreira
Por Redacción |
-
Carme da Silva: "Antes as festas eran a procesión, os touros e o baile do casino. Agora todos poden gozar delas"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Policías e gardas civís "indignados" ante a contratación de Soziedad Alkoholika para as festas
Por Oskar Viéitez |
-
Kiko da Silva, pregoeiro das Festas da Peregrina: "ÿ unha honra moi grande"
Por Alejandro Espiño |
-
Vortex 'confésase' co seu primeiro disco, coa vista posta no seu concerto xunto Soziedad Alkoholika
Por Alejandro Espiño |
-
Chegan as Festas do Verán: máis de 200 actividades lúdicas e culturais do 5 de xullo ao 6 de setembro
Por Alejandro Espiño |