Os 'Resofocos' de Charo Reina, Las Virtudes e Fabiola Toledo chegan a Pontevedra o 28 de xuño
Por Redacción
Logo de Sofocos e Más sofocos, a Fundación Novacaixagalicia trae a Pontevedra a terceira comedia da saga creada por Juan Luís Iborra. Trátase de Resofocos, que do mesmo xeito que as dúas primeiras obras aborda, de forma irónica, os cambios hormonais das mulleres ao chegar á tan temida menopausia. Nesta ocasión os seus protagonistas son Charo Reina, Las Virtudes (Soidade Mallol e Elena Martín) e Fabiola Toledo.
Resofocos, que se representará no centro social da entidade en Pontevedra o vindeiro sábado 28 de xuño ás 21.30 horas, dá continuidade a unha saga que alcanzou os 200.000 espectadores ao longo de 560 horas de risas e 23 cidades españolas.
A comedia trae ás táboas, esta vez, novas historias femininas cotiás: nunha barbaría, nun supermercado, nun gimnasio... que prometen liberar ás mulleres do falso mito da histeria hormonal unha vez alcanzado o medio século e que converterá aos homes nos seus cómplices. O seu elenco mostrará ao público o lado máis humano e vulnerable dunha etapa vital pola que, inevitablemente, teñen que pasar todas as mulleres.
Á interpretación destas catro grandes actrices e ao guion e dirección do consagrado Iborra, hai que engadir, como clave do éxito da obra, a colaboración especial de Carlos Sobera, o deseño da escenografía e do vestuario de Agatha Ruiz de la Prada, a colaboración nos guións de Antonio Albert e Sonia Gómez e o concepto e desenvolvemento musical de Luís Gómez-Escolar
As entradas para este espectáculo están xa á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com, na billeteira telefónica no 902 504 500 ou a do propio recinto o día da función.