Os Cantos da Taberna chegan á avenida de Santa María e á rúa Ferreiros
Por Redacción
A tapería Cornelius de Holanda, na avenida de Santa María, e a cervexaría Lar, na rúa Ferreiros, acolleron este venres a terceira sesión dos Cantos da Taberna, que estiveron amenizados ademais de por Maravallada, coordinador do programa, polo grupo Airiños da Peneda.
ÿ unha agrupación que se formou no ano 2005, co ánimo de gozar e difundir a música galega. Interpreta cantigas populares do riquísimo folclore galego.
Os Cantos da Taberna comezaron ás 21 horas e prolongáronse ata as 00.00 horas.
A vindeira sesión, que será a última, será o próximo 27 de xuño nos bares Brasilia e Rebusco.
A Concellaría de Festas pretende achegar esta programación de Cantos da Taberna aos barrios, impulsando a música galega xunto a asociación cultural Maravallada.
Esta actividade céntrase en intentar recuperar que as persoas que se encontran nos bares canten como se facía antes da entrada dos televisores nestes establecementos.