LOREM expón as súas pinturas no Liceo Casino durante o mes de xuño
Por Redacción
A Sala de Exposicións do Liceo Casino de Pontevedra acolle do 1 ao 28 de xuño unha exposición de pintura de LOREM, un pintor pontevedrés que cursou estudos de Delineación, Proxección e Deseño.
Os seus comezos céntranse no lapis, facendo un percorrido polas técnicas do carbón, plumiñas e talla ao pincel.
A súa primeira exposición remóntase ao ano 1992 en Pontevedra e é no 95 cando retoma os seus estudos de arte perfeccionando, durante dous anos, as técnicas de óleo e acuarela.
Será a partir de aquí, cando LOREM, tras innumerables mostras de aprobación decidirá volver mostrar as súas creacións, nun primeiro momento na súa cidade natal, nos meses de xuño e agosto de 1997 e xa posteriormente por parte da xeografía nacional.