Vaipolorío presenta o conto 'O demo asubiador'
Por Redacción
A lenda que un particular, Pedro Aboy, recuperou e trasladou por correo electrónico á Asociación Vaipolorío provocou que o colectivo decidira publicar este conto denominado 'O demo asubiador' coa colaboración do escritor Carlos Solla no que se narra a historia do demo que todos os anos selecciona unha vítima que se pasará 365 días escoitando campás sen saber de onde.
A publicación, editada polo Concello de Pontevedra, conta con ilustracións da Chica Pájaro e contén a partitura da melodía de 'O demo asubiador' de Rosalía Rodríguez.
O venres 30 de maio presentarase este pequeno exemplar que recupera a cultura popular en relación co río Gafos na Carballeira do río Menexo situada nas proximidades da rúa Alcalde Hevia.