Moncho Borrajo convértese en Quevedo no Auditorio de Vilagarcía
Por Redacción
O humorista ourensán Moncho Borrajo ofrecerá no Auditorio Municipal o próximo domingo 1 de xuño ás 20.00 horas o seu novo espectáculo Yo, Quevedo, unha montaxe en que o cómico se converterá no autor de El Buscón e dará voz ao pobo utilizando o verso áxil para criticar políticos e personaxes da actualidade.
En Yo, Quevedo Borrajo realiza un paralelismo entre a situación que se vivía na España do século XVII coa actual, ata o punto de que o manifesto dedicado por Quevedos a Felipe IV e ao Conde Duque de Olivares pode aplicarse, segundo o humorista, a Juan Carlos I, a Rajoy ou Zapatero.
Neste espectáculo conta coa colaboración especial da actriz Lucía Bravo e do imitador Carlos Latre, que se encarga de poñelo voces a moitos personaxes da actualidade.
As entradas para asistir á función no Auditorio de Vilagarcía poden adquirirse en servinova e no teléfono 902.504.500 ou no día do espectáculo a partir das 18.00 horas no despacho do Auditorio. Os prezos son de 14 euros na zona A, 12 na B e 10 na C.