Abe Rábade estrea a peza 'Paseo dos Gafos' coa Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción
O músico de jazz Abe Rábade ofrecerá un concerto este xoves 22 de maio a partir das 21.00 horas no Teatro Principal acompañado pola Banda de Música de Pontevedra dentro do Ciclo de Butaca que conmemora o 110 aniversario da agrupación pontevedresa.
O programa para este concerto inclúe a Overture to Candide de Leonard Bernstein, as coñecidas Raphsody in blue e An American in Paris de Georges Gershwin, ademais da estrea mundial de Paseo dos Gafos, unha composición do propio pianista santiagués Abe Rábade.
A Banda de Música estará dirixida por Juan Lois Diéguez.
As entradas teñen un prezo de 2 euros e póñense á venda unha hora antes do inicio do concerto no despacho do Teatro Principal. Ademais, a Banda pontevedresa realiza tres sorteos de dúas entradas para cada un dos gañadores na súa páxina de Facebook.