Amancio Prada conmemora o Día das Letras Galegas cun concerto en Pontevedra
Por Redacción
Amancio Prada abre este sábado en Pontevedra un ciclo de cinco concertos cos que a Deputación quere conmemorar o Día das Letras Galegas. Terá lugar no Centro Social Fundación NovaCaixaGalicia ás 20,00 horas.
As actuacións do cantautor leonés desenvolveranse entre o 17 e o 25 de maio e suporán a presentación en Pontevedra do espectáculo A Rosalía de Federico. Trátase dun espectáculo que vai máis alá do concerto clásico e que, en palabras da deputada, Ana Isabel Vázquez, supón unha interesante combinación músico-teatral cargada de sentimento e de paixón pola esencia galega, que parte dos Seis Poemas Galegos de Lorca e supón unha verdadeira homenaxe a Galicia, á súa terra, á súa paisaxe, ás súas xentes e no que tamén cobra un protagonismo especial a iluminación.
Tralo concerto de Pontevedra, Amancio Prada presentará o mesmo espectáculo o 21 de maio en Vilagarcía de Arousa. As entradas serán de balde ata completar aforo.