'Os bolechas e a sabichona' preparan a chegada do Día das Letras Galegas en Ponte Caldelas
Por Redacción
A Sala de Exposicións do Centro Cultural de Ponte Caldelas vai recibir a visita de 'Os Bolechas e a Sabichona' durante o domingo 11 de maio, a partir das 12.00 horas dentro das propostas lúdico-didácticas que desenvolve a Rede de Dinamización Lingüística para fomentar o uso da lingua galega entre os nenos.
O espectáculo diríxese a pequenos con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos. A actividade desenvólvese como un concurso cun miniteatro e os protagonistas son os coñecidos personaxes do ilustrador galego Pepe Carreiro que xa se converteron en clásicos da literatura infantil.
O contrapunto dos Bolechas correrá a cargo do personaxe da Sabichona, a presentadora do concurso. Se trata dun personaxe con aires de prepotencia que divertirá aos nenos que terán que enfrontarse a unha serie de preguntas e probas moi divertidas para demostrar coñecementos e habilidades a través de todo un set interactivo creado en exclusiva para o concurso.