'Aires tropicales': música clásica con sabor cubano
Por Redacción
O Sexto edificio do Museo de Pontevedra acollerá o próximo sábado 10 de maio a partir das 20.00 horas un concerto de música clásica ao máis puro estilo cubano. Baixo o título 'Aires tropicais' ofrécese un recital interpretado por Luis Felipe Fernández, Mario Grau e Serafín Carballoque a través dun saxofón, un piano e unha guitarra presentarán temas clásicos cun estilo apaixonado e alegre.
O concerto continuará coa intervención do Quinteto de corda Cimarrón, un grupo que na actualidade acompaña a Paquito D'Rivera nas súas xiras por España.
As invitacións gratuítas poderán recollerse nas sedes do Casino Mercantil e Industrial e da Zona Monumental de Pontevedra.