Festival de Os Alegres, máis alá da gaita
Por Anxo Lourido
Un importante número de grupos participa no tradicional Festival que Os Alegres celebrará este sábado 17 de novembro no Teatro Principal que non só contará con actuacións de gaiteiros senón tamén de canto tradicional e de baile.
As portas do teatro abriranse ás sete da tarde para que os asistentes poidan ver mostras de pintura, instrumentos, libros e láminas de traxes tradicionais. E a partir das oito as actuacións comezarán coa intervención das Maianas, Maravallada, o gaiteiro pontevedrés solista Álvaro Novegil, o percusionista Andrés Vilán, o grupo O Ghusto do Boi, Novo Serán, as Pandereteiras das Burgas e as de Moraña, Seixebra, ademais do grupo pontevedrés de gaitas Os de Algures.
Haberá ademais unha homenaxe ás figuras de Manuel Vázquez "rin-rin", histórico tamborileiro do grupo Muxicas e o coruñés Pepe Temprano, notario da historia da gaita en Galicia nos últimos 50 anos.
Dionisio Aboal, presidente Dos alegres, presentou en compañía da concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, este evento e anunciou que o seu grupo interpretará, entre outras pezas, Xota Roubada, Homenaxe a Suso Vaamonde e o himno galego.
O festival durará máis de dúas horas e a entrada é libre.