Baobab Teatro presenta 'Martes', o seu novo espectáculo
Por Oskar Viéitez
A compañía Pontevedresa Baobab Teatro presenta o seu novo espectáculo 'Martes' no Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, a cita é o martes 1 e mércores 2 ás 18:30 horas.
Baobab Teatro é unha compañía especializada en teatro para nenos e público familiar. Nesta ocasión enfróntase a un espectáculo para os máis pequenos de 1 a 6 anos.
'Martes' é un espectáculo tenro e divertido para gozar en familia que conta a historia da Galaxia Leo T, onde, entre as estrelas e a lúa, vive Martes.
Martes é un ser espacial que lle ten medo a todo, aos tronos, aos raios, aos peidos, a calquera movemento, asústase de todo, pero algo vai suceder na Galaxia Leo T que este ser entrañable terá que enfrontarse aos seus medos e saír na procura do seu amigo Pin. De camiño coñecerá diferentes personaxes.