Juan Mejuto presenta unha exposición de fotos sobre 'Camelia, la flor'
Por Redacción
O fotógrafo Juan Mejuto ofrece dende o 14 ao 30 de marzo na sala de Exposicións do Liceo Casino a mostra monográfica que ten como protagonista a flor da camelia. Esta mostra englóbase dentro do Congreso mundial da camelia que se desenvolve durante o mes de marzo.
O santiagués Juan Mejuto xa se considera pontevedrés de adopción, despois de moitos anos residindo e traballando na cidade, e destaca por ser un fotógrafo autodidacta, que busca algo diferente no cotián e cunha pasaión por realizar imaxes de camelias.
Mejuto, actualmente colaborador de PontevedraViva, foi autor de carteis deportivos alá polos anos setenta, obtivo premios de fotografía de piragüismo e traballou como redactor e reporteiro gráfico da revista de ENCE, culminando esta tarefa coa publicación do seu libro gráfico: 'Ence, 50 años en imágenes'.
Relacionadas:
-
O Liceo Casino rivaliza con Instagram cunha exposición de fotografía móbil colectiva
Por Oskar Viéitez |
-
A revolución da Camelia
Por Oskar Viéitez |
-
As Rías Baixas, capital internacional da camelia ante 16 países
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Álex Vázquez e a pianista Mine Kawasami darán o toque cultural o Congreso Internacional da Camelia
Por Redacción |