Álex Vázquez invita a unha viaxe "de camelias" dende Oriente ás Rías Baixas
Por Redacción
O pintor vigués Álex Vázquez inaugurou a exposición que leva por título 'Viaxe da camelia. De Oriente ás Rías Baixas' na sede de Turismo Rías Baixas, no Palacete das Mendoza, este venres 28 de febreiro.
Coa presenza do presidente da Deputación, o pintor explicou como esta mostra permite aos asistentes internarse no mundo da camelia, non só a través das pinturas senón tamén por mediación dos carteis explicativos que ofrecen detalles sobre as diferentes características destes exemplares dende as especies máis antigas ata as que comezaron a cultivarse máis recentemente, así como da historia da entrada desta planta en Galicia.
A mostra que permanecerá aberta ata o 23 de marzo encóntrase incluída dentro das actividades do Ano Dual España-Xapón, que conmemora os 400 anos de relacións entre ambos os dous países.
A entrada é libre con horario de luns a venres, de 9:00 a 20:00 h; sábados e festivos, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h; e domingos, de 10:00 a 14:00 h.
Relacionadas:
-
O Museo acolle ata o 1 de marzo unha mostra antolóxica do traballo do pintor vigués Álex Vázquez
Por Redacción |
-
A revolución da Camelia
Por Oskar Viéitez |
-
As Rías Baixas, capital internacional da camelia ante 16 países
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Álex Vázquez e a pianista Mine Kawasami darán o toque cultural o Congreso Internacional da Camelia
Por Redacción |
-
Todo preparado para o Congreso Internacional Camellia 2014
Por Redacción |