Multitudinaria edición do festival Surfing the Lérez
Por Mónica Patxot & Redacción
A Illa das Esculturas viviu este sábado una das edicións máis multitudinarias do festival Surfing the Lérez nos doce anos de historia desta romaría urbana, familiar, solidaria, inclusiva e gratuíta.
O tempo aliouse coa organización para ofrecer dous días nubrados pero sen choiva e con boa temperatura o que animou ao público para acudir ata a Illa do Covo para gozar desta "Máquina del Buen Rollo" que é o Surfing, tal e como cantaron The Rapants.
A banda indie de Muros ofreceu o seu concerto á unha e media da tarde despois de que Los Marcianos abrisen o día con enerxía unha hora antes. Logo seguiu Parking Dust e o seu indie rock, seguido por Meu.
Os nenos contaron cunha programación especial, un Entroido Infantil e o concerto de Dani Barreiro & Kids.
Polos catro escenarios (Sala Karma, Vibra Mahou, O Panderetas e Gastro) pasaron sen pausa o trío vigués Caldo coa súa reinterpretación de melodías tradicionais galegas, do dúo indie zaragozano Lady Banana e os DJ de Karma que animaron a festa.
A partir das cinco da tarde, foi a quenda do punk rock elaborado polas boirenses Agoraphobia, os madrileños Atención Tsunami, seguido por Señora DJ e Camellos.
Os Niños Mutantes despedíronse ao grande do público pontevedrés. E ás nove da noite o protagonista era o compostelán Futuro Alcalde, explorando sons electrónicos e punk ata que lle roubou o protagonismo a enerxía despregada por Terbutalina.
A noite na Illa das Esculturas tivo varios nomes propios: BB Wav + Elba, o cantautor Joe Crepúsculo, Ortiga, Maefield e Gorllitox.
Relacionadas:
-
A solidariedade do Surfing the Lérez enche a despensa de Cáritas: "Aquí sempre fai falta"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Zona Monumental celebra a festa fin de curso
Por Redacción |
-
O Surfing máis solidario bate récords de doazóns con sete toneladas de produtos de primeira necesidade para Redeaxuda
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Empezou a festa coa romaría urbana do Surfing the Lérez
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Surfing the Lérez publica os seus horarios e anima o público: "Vémonos bailando!"
Por Alejandro Espiño |
-
Nena Daconte, Boyanka Kostova, Terbutalina e Agoraphobia redondean o Surfing the Lérez 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Grande Amore, Ortiga ou Joe Crepúsculo estarán nun Surfing the Lérez que regresa ás súas orixes
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Atención Tsunami e Los Marcianos reforzan a oferta musical do Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño |
-
Niños Mutantes non perderán o Surfing the Lérez na súa xira de despedida
Por Alejandro Espiño |