'Os mundos de Elisa', contacontos teatral na Biblioteca Pública este venres 5
Por Anxo Lourido
A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola acollerá este venres 5 de abril unha sesión de contacontos teatral baixo o título 'Os mundos de Elisa', a cargo de La Compañía Espectacular.
A actuación comezará ás 18.00 horas, con entrada libre sen inscrición previa ata completar a capacidade da sala. O público ao que que se destina o espectáculo é familiar, a partir dos tres anos de idade.
Ao longo do acto narrarase a historia de Elisa, unha nena que sente pouco valorada dentro da súa familia. O seu desexo é expresarse a través da arte e de contar historias. A través do seu amigo Ulrich coñece unha biblioteca sorprendente onde coñecerá a unha figura moi especial, o Bibliotecario.
Esta proposta ofrece historias dentro da historia, igualdade, poder persoal e entusiasmo como fío condutor.
O 19 de abril con motivo do Día Internacional do Libro, a Biblioteca tamén acollerá un taller de creación e de deseño de libros. Durante esta actividade, o público infantil terá a oportunidade de deseñar o seu libro pai-pai, consistente nun exemplar con forma de abanico xaponés, un elemento que se converteu en parte importante do traxe tradicional. Neste abanico terán a oportunidade de escribir unha poesía, un texto breve ou elaborar viñetas.
Esta proposta desenvolverase o venres 19, de 18.00 a 19.30 horas. O público ao que se destina a actividade debe ter entre 7 e 12 anos.
A inscrición previa realizarase na páxina web da Biblioteca de Pontevedra, a partir das 09.00 horas do mércores 10 de abril.