Un centenar de artistas instalan no Museo unha árbore solidaria cos nenos de Palestina
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Máis de cen artistas de distintos lugares do mundo colaboran nunha campaña do Ateneo de Pontevedra para recadar axuda para os nenos de Gaza mediante a venda de obras.
A campaña "Cos nenos e nenas de Palestina" instalou no Museo de Pontevedra unha árbore de Nadal decorado con pezas de arte que se venden a prezos alcanzables para recadar fondos para a ONG Save the Children.
Son debuxos, acuarelas, gravados e fotos que se venden a prezos alcanzables e que figuran descritos nas tarxetas que decoran a árbore de Nadal.
Trátase dunha iniciativa impulsada por Antón Sobral que ademais do Museo de Pontevedra plantará máis árbores solidarias noutros lugares tanto de Pontevedra como doutras cidades galegas.
Desde o Ateneo de Pontevedra facilitan un correo electrónico para que aquelas persoas interesadas en colaborar nesta campaña adquirindo unha peza de arte poden facelo escribindo a ateneodepontevedra@yahoo.com o cliente ingresará o pago na conta do Ateneo. A campaña prolongarase durante un mes.