Loading

01. CREACIÓN DE 'SUPERMAZÁS'

Propoñemos levar aos barrios o modelo de ‘supermazás’, con tráfico restrinxido, aplicado con éxito noutras cidades como Vitoria ou Barcelona: o primeiro proxecto deseñado abrangue á área comprendida entre Valdecorvos, O Castañal e Loureiro Crespo.

02. BILLETE DE BUS A UN EURO

Baixaremos a un euro o prezo do billete de autobús entre Monte Porreiro e melloraremos as bonificacións actuais. O bus será gratuíto para persoas desempregadas e pensionistas con ingresos inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional.

03. DESCUBERTA DO RÍO DOS GAFOS

Faremos realidade o proxecto para destapar o río dos Gafos no treito urbano que discorre entre as rúas Iglesias Vilarelle e Alcalde Hevia, no barrio de Campolongo.

04. INCREMENTO DA SEGURIDADE

Melloraremos a seguridade no barrio de Mollavao mediante o incremento da presenza da Policía Local, en especial ás horas de entrada e saída dos colexios.

05. PLAN DE HUMANIZACIÓN

O plan integral de humanización do barrio da Seca permitirá a rexeneración e aproveitamento da pasarela sobre a vía do tren para dotala dun novo parque público. Tamén se actuará na pasarela de 12 de Novembro.

06. CENTRO LÚDICO

Desenvolveremos durante o vindeiro mandato o proxecto para a construción do futuro centro lúdico-deportivo do barrio da Parda.

07. PARQUE CANINO

Ante a cada vez máis elevada poboación canina da zona, queremos dotar ao barrio do Gorgullón dun parque canino con todas as dotacións necesarias.

08. POSTA EN VALOR DA FINCA DO CONDE

Dotaremos á área de Pontevedra-Leste dun enorme parque público do tamaño da Alameda coa posta en valor da Finca do Conde.

09. MOBILIDADE SOSTIBLE

Crearanse novos espazos que permitan unha mobilidade sostible e en condicións de seguridade entre a rúa Manuel del Palacio e o barrio de Estribela.

10. LIMPEZA DE PARCELAS PRIVADAS

Ademais de mellorar o sistema de limpeza e recollida de lixo en todos os barrios, obrigarase aos propietarios das parcelas privadas a mantelas en boas condicións.

01. ASENTAR POBOACIÓN NO RURAL

A elaboración dun novo PXOM, que permita definir os núcleos do rural pontevedrés, é fundamental para facilitar a edificabilidade e asentar poboación nas nosas parroquias.

02. AXUDAS PARA REHABILITAR

Facilitaremos subvencións para que a renovación e a rehabilitación de vivendas sexa moito máis sinxela.

03. REMATE DE SANEAMENTOS

Queremos que todas as casas emprazadas en zonas rurais

04. PLAN DE MELLORAS VIAIS

Ademais de manter en condicións as estradas secundarias, con asfaltados alí onde sexa preciso, faremos campañas periódicas de limpeza de cunetas.

05. DESENVOLVEMENTO DE ECOESPAZOS

Como xeito de incentivar o emprendemento no rural e o mellor aproveitamento sostible dos nosos montes.

06. MARCA VERDE PARA LOS CULTIVOS DE HORTAS Y VEIGAS

Crear unha marca verde que permita a comercialización dos produtos de calidade das nosas hortas e veigas.

07. LIMPEZA DAS FINCAS

É preciso concienciar aos propietarios das fincas da necesidade de mantelas en condicións. De non facelo, o Concello asumirá a roza e pasaralles a ‘receita’ económica.

08. VIVEIRO DE EMPRESAS

Un proxecto para poñer en valor e comercializar os produtos agro-gandeiros do rural pontevedrés.

09. PLAN ESTRATÉXICO DE SERVIZOS

Resolver as carencias existentes no que atinxe a transporte público, seguridade viaria, telefonía e redes e servizos de proximidade.

10. BONIFICACIÓN FISCAIS

As vivendas que non teñan conexión á rede de saneamento terán unha redución dun 30% no IBI.

01. RESPIRO FAMILIAR

Impulsar un Plan de Respiro Familiar que permita ‘coidar’ a quen coida de persoas dependentes mediante un profesional que a substitúa cando menos unha vez á semana.

02. CLÁUSULAS SOCIAS NA CONTRATACIÓN

Compromiso de incorporar Cláusulas Sociais nos pregos de contratación de obras e servizos do Concello, así como de efectuar un Informe de Impacto Social antes da execución de intervencións públicas.

03. PRIMEIRA ATENCIÓN

Recuperar a Unidade de Primeira Atención, informando, asesorando e orientando á persoa que acode demandando axuda no seu primeiro contacto cos Servizos Sociais.

04. AXUDA NO FOGAR

Un Servizo de Axuda a Domicilio que deberá ser reforzado como un dos servizos básicos de atención ás persoas en situación de maior desprotección.

05. CONSELLO DE SERVIZOS SOCIAIS

Crear un Consello Municipal de Servizos Sociais como órgano de asesoramento, consulta, coordinación e colaboración.

06. ELIMINACIÓN DE LISTAS DE ESPERA

Dotar aos Servizos Sociais dun cadro de profesionais axeitado ás necesidades para eliminar as listas de espera neste ámbito.

07. UNIDADE DE TRABALLO SOCIAL DE MONTE PORREIRO

Impulsar unha Unidade de Traballo Social dotada de recursos organizativos, humanos e materiais suficientes para casos de especial atención.

08. PROTECCIÓN DOS NOSOS MAIORES

Desenvolver un plan de Protección Integral das Persoas Maiores, afrontando o seus problemas de seguridade de forma específica e coordinando a actuación dos Servizos Sociais e a Policía Local, con especial atención ás persoas que viven soas.

09. PROGRAMAS DE FAMILIA

Reforzar os Programas de Familia, con especial atención a unidades con menores en situación de risco, absentismo escolar, persoas dependentes ou outras persoas que necesiten coidados especiais.

10. TEMPO DE LECER

Facilitar a conciliación da vida familiar, laboral e social, con actuacións de orientación e programas en tempo de vacacións escolares.

01. PLAN DE IGUALDADE

Acadar a aplicación do enfoque de xénero no conxunto das políticas públicas, incluíndo os orzamentos, obedecendo aos principios de igualdade, integración, diversidade, transversalidade e loita contra a violencia machista.

02. ATENCIÓN AOS MENORES

Crear, como organismo dependente do Centro de Información á Muller, un Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI), así como un Centro de Urxencias para as vítimas de violencia de xénero.

03. ALOXAMENTO PARA COMO VÍTIMAS

Poñer en marcha un Centro de Emerxencias para mulleres en situación de violencia, a fin de proporcionar aloxamento inmediato e estadía curta para as mulleres (e as súas fillas e fillos).

04. REDE DE MULLERES VECIÑAIS

Impulsar unha Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, para a prestación de coidados, apoio e orientación ás mulleres que sofren abuso.

05. EMPREGO EN FEMININO

Plans e programas de formación e reciclaxe no marco das políticas activas de emprego, que faciliten o acceso das mulleres aos mesmos.

06. EMPRENDEMENTO NO RURAL

Creación de programas específicos para o apoio das mulleres rurais, que incorporen beneficios fiscais e bonificacións que faciliten a súa actividade emprendedora.

07. PACTO POLA CONCILIACIÓN

Impulsar un Pacto Local pola Conciliación, que promova a racionalización dos horarios e facilite a corresponsabilidade entre homes e mulleres.

08. EDUCACIÓN EN IGUALDADE

Difundir o Plan de Igualdade no seo da comunidade educativa, impulsar un programa de educación afectiva e incorporar as achegas e logros realizados por mulleres no currículo educativo.

09. 'QUÉROTE MÁIS'

Dispor dun centro ‘Quérote máis’ dependente do Concello destinado a dar información e asesoramento sobre a realidade LGTBI, tanto social como xurídico e psicolóxico.

10. EMPREGO LGTBI

Establecer programas de emprego que faciliten a inclusión laboral das persoas trans, en especial das mulleres.

01. REACTIVACIÓN DO PXOM

Toda cidade que pretenda un futuro ben planificado precisa dun PXOM moderno e actualizado, que incentive o emprendemento e o asentamento de empresas e que facilite as comunicacións co centro da cidade.

02. TRANSPORTE PÚBLICO INTERURBANO

Pontevedra precisa dun Plan de Transporte de calidade que permita enlazar o centro coa periferia e cos concellos limítrofes, con horarios adaptados ás necesidades reais e tarifas axustadas.

03. ALUGUEIRO SOCIAL

Priorizaremos o deseño e desenvolvemento dun plan para a creación de novas vivendas públicas, que terán, de xeito preferente, uso para aluguer social.

04. VÍAS SANITARIAS E RACIONALIZACIÓN DOS LOMBOS

Os ‘lombos’ precisan dunha homologación normativa e dunha racionalización do seu emprazamento. Poremos en marcha un Plan de Vías Sanitarias, libres de lombos, para asegurar o percorrido das ambulancias.

05. PASEOS PEONÍS E CARRÍS-BICI INTERURBANOS

Cómpre establecer unha Ordenanza de Mobilidade Sostible e deseñar un Mapa de Paseos Peonís e Carrís-Bici da cidade, conectados cos concellos limítrofes e priorizando a comunicación interior entre Pontevedra e Marín e a senda verde entre a cidade e Arcade.

06. REHABILITACIÓN DAS VIVENDAS DO RURAL

Estender ao rural a fórmula das Áreas de Rehabilitación (ARI) para permitir tanto a reforma de vivendas como para asegurar a súa reocupación no caso daquelas que permanezan baleiras.

07. IMPULSO AO 'COHOUSING' EO COOPERATIVISMO

As novas fórmulas do ‘cohousing’ e o cooperativismo en materia de vivenda deben contar con apoio dende os concellos, favorecendo a concesión de terreos municipais en réxime de concorrencia competitiva.

08. EMANCIPACIÓN DE MOCIDADE

Impulsaremos vivendas temporais para estudantes mediante o acceso a apartamentos de aluguer a prezos accesibles. Traballaremos, mediante unha liña de axudas, para que a mocidade poida acadar unha emancipación máis temperá.

09. REGULACIÓN DE VIVENDAS TURÍSTICAS

Urxe a elaboración dunha ordenanza municipal que regule as condicións de uso das vivendas turísticas da nosa cidade, así como o estudo da normativa fiscal aplicable nestes casos

10. CIDADE INCLUSIVA

Apostamos por unha cidade cun deseño urbano inclusivo, atenta á diversidade e á accesibilidade de todos e todas e introducindo a perspectiva de xénero.

01. AXUDAS Á CONTRATACIÓN

Implementar unha liña de Axudas á Contratación (2.000 € por contrato), que suporía un 25% dos custes laborais totais dos 12 primeiros meses de contrato.

02. SEN TAXA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS

Eliminaremos a taxa por apertura de establecementos, o que facilitará a concesión de licenzas para calquera iniciativa comercial, profesional e empresarial.

03. EXENTOS

Exención de garantías para aqueles adiamentos ou fraccionamentos de pago de débedas tributarias, até a cantidade de 30.000 euros.

04. ATÉ UN 50% MENOS NO IAE

Bonificación de até o 50% na cota tributaria do IAE para aquelas empresas que teñan un rendemento negativo ou perdas, aliviando así a súa situación.

05. ACTIVIDADES DE INTERESE MUNICIPAL

Bonificación de até o 95% na cota tributaria do IBI, o ICIO e o IAE pola realización de actividades que sexan declaradas de Especial Interese Municipal.

06. FACILITAR O ACCESO A LOCAIS COMERCIAIS

Medidas para facilitar o acceso de emprendedores a locais comerciais, con axudas de até un 50% no prezo do aluguer anual, cun máximo de 4.000€ e garantindo unha permanencia mínima.

07. ESTIMULAR UNA CONSTRUCIÓN

No marco dun conxunto de medidas para estimular o desenvolvemento do sector da construción, poñer en marcha bonificacións no Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO).

08. UNHA FOLLA DE RUTA

Elaborar un Plano Estratéxico de Desenvolvemento Local que sirva de folla de ruta do concello para a vindeira década, tanto no aspecto económico como no urbanístico, medio ambiental, cultural, deportivo…

09. FINANCIAMENTO PARA EMPRESAS E AUTÓNOMOS

Poñer en funcionamento unha Caixa de Financiamento Local destinada a favorecer a liquidez de empresas, autónomos ou entidades de economía social con sede social e fiscal no noso concello.

10. PROXECTOS INNOVADORES

Creación dunha liña de axudas a proxectos innovadores ou que teñan unha compoñente de base tecnolóxica.

01. CIDADE SAUDABLE

Para acadar unha cidade saudable, loitaremos polo control dos determinantes medioambientais (físicos e químicos) e sociais (económicos e culturais) que condicionan a saúde da poboación.

02. IMPACTO SANITARIO

Introduciremos o concepto de ‘impacto sanitario’ nas actuacións do Concello e procuraremos unha acción en favor da saúde e da calidade de vida da cidadanía.

03. SANEAMENTO INTEGRAL

Remataremos o saneamento integral das parroquias do rural pontevedrés e melloraremos a capacidade tecnolóxica da depuradora dos Praceres, descartando en todo caso a súa ampliación.

04. ECOPLANIFICACIÓN DA CIDADE

Apostamos pola utilización de técnicas e estratexias capaces de combinar urbanismo e natureza no deseño de espazos saudables e agradables para vivir: xardíns verticais en muros e medianeiras, cubertas ecolóxicas e tellados vexetais, creación de máis parques e xardíns…

05. EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Crearemos a Escola Municipal de Educación para a Saúde, encargada da promoción de hábitos e formas de estilos de vida saudables, potenciando o uso da bicicleta, o exercicio físico ao aire libre e as actividades deportivas adaptadas a todas as idades e condicións

06. INSTITUTO MUNICIPAL DA SAÚDE

Poremos en marcha o Instituto Municipal da Saúde, como órgano de xestión único que coordine as competencias municipais no ámbito sanitario: Saúde Pública, Promoción da Saúde e Asistencia Sanitaria.

07. O HOSPITAL MONTECELO QUE QUEREMOS

Defenderemos que o proxecto do ‘Gran Montecelo’ conte con tódolos servizos clínicos que debe ter unha Área Sanitaria de 300.000 habitantes. Demandaremos a creación de vías sanitarias libres de ‘lombos’ e o carácter público e gratuíto do aparcadoiro.

08. USO SANITARIO DO HOSPITAL PROVINCIAL

Reclamarémoslle á Consellería de Sanidade que o edificio do actual Hospital Provincial sexa destinado a uso sanitario de carácter ambulatorio. A súa magnífica localización facilita a accesibilidade dos usuarios.

09. TRANSFERENCIA DA UNIDADE DE DROGODEPENDENCIAS AO SERGAS

Demandaremos a transferencia da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) ao Sergas, de xeito que o Concello poida enfocar os seus esforzos económicos na mellora das intervencións e prestacións nos ámbitos da prevención e a incorporación social en todo tipo de adiccións.

10. CREACIÓN DE CENTROS DE DÍA

Ante o envellecemento da poboación e o incremento da dependencia, reclamarémoslle á Consellería de Benestar a creación de máis centros de día no concello..

01. TRASLADO DE ENCE: MESA DE NEGOCIACIÓN

Seguimos apostando polo traslado de Ence a unha nova localización dentro da comarca. Impulsaremos unha Mesa de Negociación coa empresa e as administracións central e autonómica.

02. RECUPERACIÓN AMBIENTAL DAS MARXES URBANAS DO LÉREZ

Desenvolveremos un proxecto de recuperación ambiental das marxes urbanas do río Lérez Especialmente entre los puestos de Corrientes y Os Tirantes, así como na Xunqueira de Alba.

03. PLAN DE REGULACIÓN E SOTERRAMENTO DE CONTEDORES

Iniciaremos un estudo para determinar áreas sensibles que contemplen o soterramento de contedores e/ou a implantación de medidas alternativas que permitan recollidas intensivas en determinadas áreas.

04. PLAN DE ELIMINACIÓN DE ESPECIES INVASORAS

Impulsaremos un Plan Especial de Retirada de Especies Invasoras, vexetais e animais, como mecanismo para preservar a riqueza medioambiental autóctona.

05. 'VERTIDOS CERO'

Pontevedra debe acadar a condición de ‘Vertidos Cero’, polo que cómpre proceder a actuacións que permitan a total eliminación dos vertidos incontrolados.

06. DRAGADO DO RÍO LÉREZ

O río Lérez precisa dunha urxente actuación medioambiental en materia de dragado, un asunto que leva paralizado demasiados anos e que está a provocar un problema ambiental.

07. NOVO MODELO ENERXÉTICO URBANO

Contribuiremos á redución da dependencia de combustibles fósiles, apostando pola biomasa, a xeotermia e a aerotermia, incorporando enerxías renovables nas novas edificacións.

08. ESPAZOS VERDES DE EXCELENCIA

Comprometémonos a desenvolver un Plan de Actuación de Espazos Verdes, que contemple a recuperación de zonas estratéxicas (Santa Clara, Uned…) e a posta en valor de camiños históricos dos nosos montes e sendas rurais.

09. BENESTAR ANIMAL

Redactaremos unha Ordenanza de Protección e Coidado Animal que contemple os dereitos das mascotas, así como as obrigas e responsabilidades dos seus propietarios. Crearase un Refuxio Municipal en O Rapadiño.

10. CENTRO DE INFORMACIÓN AMBIENTAL DE LOURIZÁN

Reclamarémoslle á Xunta a recuperación dos investimentos do proxecto para crear en Lourizán do Centro de Investigación e Información Ambiental de Galicia.

01. ASOCIACIÓN DE NAIS Y PAIS DE ALUMNOS

Potenciación dos convenios e incremento das axudas á Fanpa (xestión, comedores, ludotecas…), así como as subvencións directas ás asociacións de nais e pais. Darlle máis voz ao Consello Escolar Municipal e crear os Consellos da Infancia e da Adolescencia.

02. APOIO ÁS CRIANZAS

Programas de apoio ás crianzas e axudas específicas, con especial incidencia nos colectivos máis vulnerables.

03. CONCILIACIÓN

Promover a creación de novas prazas públicas de 0 a 3 anos e deseño de programas de conciliación familiar.

04. TALLERES DE CIENCIA

Difundir a ciencia entre o conxunto da cidadanía mediante a programación de Talleres de Ciencia (Astronomía, Mecánica, Electrónica, Química…), sempre dende unha perspectiva de xénero.

05. SEGUNDA OPORTUNIDADE

Realizar Plans de Acompañamento e Apoio para o Éxito Escolar e Plans de Segunda Oportunidade para rescatar aos mozos e mozas que abandonaron de xeito precoz.

06. REDES DE INTERCAMBIO

Promover o intercambio de saberes entre a cidadanía e os barrios e as parroquias, mediante programas de formación na aprendizaxe-servizo e proxectos de arte urbana, memoria histórica…

07. SUBVENCIÓN AOS CLUBES E TAMÉN A DEPORTISTAS INDIVIDUAIS

Incremento da contía das subvencións aos clubs deportivos e compromiso do pago efectivo das mesmas no ano natural. Creación de subvencións a deportistas individuais, que nos representan e levan o nome de Pontevedra por España e polo mundo.

08. INSTALACIÓN DEPORTIVAS

Desenvolver un Plan de Mantemento e Conservación das Instalacións Deportivas. Impulso ás Escolas Deportivas Municipais.

09. NOVOS USOS DOS ESPAZOS EDUCATIVOS

Conveniar coa Administración educativa o uso fóra de horario escolar dos espazos lúdicos e deportivos dos centros escolares.

10. UNIVERSIDADE E UNED

Potenciar a presenza e o liderado do sector universitario (campus de Pontevedra e Uned) na vida da cidade e incrementar a colaboración coa Escola Superior de Restauración de Bens Culturais.

01. LABORATORIO ACCIÓN CULTURAL

Impulsar un laboratorio de acción cultural, coa implicación de diferentes axentes sociais e da cidade e incrementar a colaboración coa Escola Superior de Restauración de Bens Culturais. entidades, para converter a cidade nunha «factoría de arte e cultura».

02. INSTITUTO DE ESTUDOS LOCAIS E CULTURAIS

Que, entre outros cometidos, leve a cabo a recuperación e compilación de materiais e legados fotográficos e documentais sobre a cidade.

03. UNHA CIDADE DE CINE

Converter Pontevedra nun referente cinematográfico e nun enorme ‘plató’.

04. NOVO ANFITEATRO

Dispoñemos de terreos idóneos en Valdecorvos e en Monte Porreiro para a construción dun anfiteatro ao aire libre para concertos de música e espectáculos teatrais.

05. FESTIVAL DE TEATRO VALLE-INCLÁN

En irmandade con outras cidades europeas, como Edimburgo, un festival para potenciar «representacións na rúa e o talento dramatúrxico ‘made in Pontevedra’».

06. NOVA BIBLIOTECA PÚBLICA

Necesitamos un novo espazo de lectura e estudo con horarios axeitados ás necesidades dos e das estudantes.

07. INCREMENTO DA COLABORACIÓN COAS BANDAS DE MÚSICA

Temos que potenciar un dos nosos patrimonios culturais máis valiosos.

08. PONTEMÚSICA

A nosa cidade debe converterse en centro de creación musical e de festivais.

09. BONO CULTURAL

O acceso á cultura debería ser un dereito: crearemos un bono para estudantes, persoas maiores e outros colectivos.

10. RECUPERACIÓN DAS BIENAIS

Entre outras, unha Bienal de Fotografía de Pontevedra, que permita poñer en valor o noso talento artístico.

"Estimad@ veciñ@ de Pontevedra:

O noso país falou de xeito contundente nas pasadas eleccións xerais: queremos unha sociedades xusta, igualitaria, feminista, diversa, con dereitos sociais e con memoria.

O PSOE é o único partido capaz de garantir a dignidade, o benestar e a felicidade de tódalas persoas. É o partido da xente, das maiorías e das minorías.

Cremos nunha economía da felicidade, cun sistema fiscal xusto, no que cada un aporte en función das súas posibilidades; nunha sanidade pública, de calidade e universal, e na excelencia educativa como clave para o desenvolvemento da nosa sociedade.

Pontevedra viviu os seus anos dourados cando os socialistas estivemos no Goberno. Fomos quen de construír un modelo de cidade amable cos peóns e do que nos podemos sentir moi orgullosos.

O actual Goberno local olvidouse de que os nosos barrios e parroquias tamén existen e da necesidade de conectalos co centro urbano mediante un transporte publico de calidade, económico e con frecuencias axeitadas ás necesidades dos veciños.

O PSOE, que xa xogou un papel esencial no saneamento do rural e na creación dos principales parques e xardíns da cidade, daralle no vindeiro mandato unha prioridade absoluta a Alba, A Canicouva, Bora, Campañó, Cerponzóns, Lérez, Lourizán, Marcón, Mourente, Ponte Sampaio, Salcedo, San Andrés e Santa María de Xeve, Tomeza e Verducido. E, por suposto, a Monte Porreiro, A Seca, O Castañal, Valdecorvos, Mollavao, O Gorgullón, Campolongo, Estrigueiras, Fontesanta...

Con nós, os clubes deportivos cobrarán as súas subvencións, os coches terán onde aparcar e os ciclistas disporán de carrís para circular con seguridade.

Estou convencido de que, o vindeiro 26 de maio, Pontevedra continuará a protagonizar a primavera socialista que iniciamos con ilusión o día 28 de abril.

Con Pedro Sánchez en Moncloa, os socialistas seremos quen de defender as reivindicacións da nosa cidade, con orgullo e mirando cara o futuro. Os pontevedreses amosarán unha vez máis que non respostan aos intereses de políticos reaccionarios ou de grandes grupos económicos. Porque Pontevedra é da xente!

Recibide un cordial saúdo,

Tino Fernández

Credits:

Fotografías y diseño: Víctor Moreno

Report Abuse

If you feel that this video content violates the Adobe Terms of Use, you may report this content by filling out this quick form.

To report a copyright violation, please follow the DMCA section in the Terms of Use.