Pontevedra Viva!
Xermán Torres
Xermán Torres (Vilagarcía de Arousa, 1957) fíxose mestre na Escola Universitaria de Pontevedra (1980) para posteriormente obter a licenciatura en Filosofía e CC. da Educación, na especialidade de Organización e Dirección de Centros Educativos pola UNED (1996), realizou os cursos de doutorado na mesma universidade (1996-1998), alcanzando a Suficiencia Investigadora coa cualificación de Sobresaínte, na actualidade ten entre mans a confección da súa tese de doutoramento: José Fernando Filgueira Valverde, su proyección como intelectual y educador, no Departamento de Historia da Educación e Educación Comparada da UNED. ÿ membro da "Sociedad Española de Historia de la Educación" e da "Sociedad Española de Pedagogía". Posúe máis de trinta anos de exercicio no ensino público, na actualidade exerce como orientador e secretario no CEIP O PIÿEIRIÿO da súa cidade natal. Pasou a súa infancia en Caldas de Reis, etapa da que garda unha feliz lembranza, retornou na súa mocedade a Vilagarcía, onde participa, dende moi novo, na vida social e cultural da cidade. Desde o ano 1982, dirixe a Cáritas Parroquial de Santa Baia de Arealonga e dirixiu durante un tempo a Cáritas Interparroquial de Arousa, no seu mandato botou a andar o Comedor Social e o Centro de Día da Cáritas de Arousa. Na súa etapa como Vicepresidente e Secretario de Actividades Culturais do Liceo Casino de Vilagarcía promove a experiencia poética de periodicidade mensual denominada MESA DAS VERBAS, na que continúa como coordinador na actualidade. Dende 1980 vén publicando colaboracións no periódico local ONDAS DE AROSA e dende a fundación de Radio Arosa-SER en 1982 colabora con dita emisora radiofónica, na que mantén un espacio semanal, os sábados ao mediodía, de divulgación literaria e promoción da lectura, denominado agora A VIVIR LIBROS. Mantén un blog de contidos principalmente culturais e sigue a colaborar cando lle é requerido co Concello de Vilagarcía de Arousa e co Liceo Casino da mesma cidade, conserva o seu compromiso de sempre coa parroquia Santa Baia de Arealonga.
-
-
Xermán Torres
Rara Avis
-
Xermán Torres
Cultura, eras ti
-
Xermán Torres
Números homoxéneos vs heteroxéneos
-
Xermán Torres
Requiem polo noso cine
-
Xermán Torres
Defensa da inutilidade, fronte ao culto da excelencia
-
Xermán Torres
Eu fun testemuña
-
Xermán Torres
A Igrexa compostelana está nun proceso sinodal pero, que é un sínodo diocesano?
-
Xermán Torres
Lembranza dun mestre inesquecible, D. Victoriano Rosales
-
Xermán Torres
A escola, para quen a traballa