Pontevedra Viva!

Marga Díaz

Nacín en Pontevedra, aínda que son ourensana por parte de pai e soriana por parte de nai.

Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, exercín nese ámbito dando clases e impartindo cursos de formación, ata que comecei a traballar no Instituto Nacional de Estadística onde continúo hoxe en día.

Na actualidade estudo na UNED o último curso do grao de Turismo, por pura afección. Como afeccionada e amante dos animais e especialmente dos cans, teño publicado artigos en prensa especializada: El Mundo del Perro (prensa escrita de ámbito nacional) e Todoboxer (revista dixital).

Actualmente e enfocado aos meus estudos, pero tamén á miña afección ás viaxes, teño creado o blog de viaxes: viajesvagalume.blogspot.com que intento documentar con texto e fotos cando dispoño de algo de tempo.