Pontevedra Viva!

Lucía Lourido

Lucía Lourido é tradutora e intérprete de francés, italiano, inglés, galego e español, licenciada pola Universidade de Vigo, e intérprete xurada de español-francés nomeada polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.

Durante tres anos viviu en Italia, Francia e Reino Unido. Baseadas en anécdotas da vida cotiá, as "novelas" Aventuras en París, Bienvenidos a Calabrialand e The London Eye Experience compoñen a súa triloxía particular.
Agora, de volta a Pontevedra, cóntanos as súas experiencias, reflexións e anécdotas en Quién es Lucía Lourido. El blog.

Continuamente en acción, ten ademais varios proxectos entre mans para promover os pequenos emprendedores da súa cidade.

Dende este pequeno canto, desexa compartir os seus sonos, pensamentos e reflexións "a contracorrente". Podes encontrar a súa Declaración de intención no seu primeiro artigo de opinión con PontevedraViva.