Pontevedra Viva!

José Freire

Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende setembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e, na actualidade, en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e o de Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia. Na actualidade é Presidente de Honor do S.U.P. en Galicia e Presidente do Comité de Garantías a nivel nacional.