Pontevedra Viva!

Amalia Enríquez

Pontevedresa de nacemento, madrileña de adopción. Desde nena tiven moi claro que o meu era 'xogar a ser xornalista'. E o que empezou como unha broma, co tempo, acabouse convertendo no motor da miña vida. A miña primeira entrevista, con tan só 14 anos, concedeuma Julio Iglesias na illa da Toxa. Ese día iniciei o meu camiño profesional e a nosa amizade é inquebrantable.

Tras estudar Xornalismo, colaborar na TV de Galicia e vivir o nacemento das radios privadas en España, traballei en A3 radio nos equipos de Antonio Herrero e Jesús Hermida. Posteriormente recalei en TVE e T5 con Teresa Campos, Dirixín a miña información cara á crónica social e cinematográfica, tendo o meu espazo de cine con Isabel Gemio en Onda Cero. As revistas 'Telva', 'Woman', 'Diva', 'Man', 'Lecturas' e as televisións privadas ANTENA 3 e CUATRO recolleron as miñas crónicas sociais desde as alfombras vermellas dos festivales internacionais de cine máis sobresalientes e entrevistas a personaxes nacionais e internacionais.

Actualmente colaboro en "Cada mañana sale el sol" (ABC Punto Radio) con Melchor Miralles. As seccións de cine e a entrevista da semana "A mi manera" son os meus retos.

http://blogs.antena3.com/a-mi-manera/