Case 700 militares da Brilat xa están en Afganistán
Por Natalia Puga
A misión da Brigada de Infantería Ligera (Brilat) en Afganistán vai cobrando forma e a base de España na localidade de Qala e Naw ten maior acento galego e asturiano. 668 soldados da Brigada xa se encontran no país asiático.
A Brilat liderará durante os próximos seis meses a misión ASPFOR XXXII do Exército español en Afganistán baixo mando da OTAN. Para facelo, dende o 27 de outubro empezou a trasladar os seus efectivos.
Segundo informou a propia Brigada, ata o mometo xa se trasladaron ao país tres rotacións de soldados. Fixérono dende o aeroporto de Ranón (Oviedo) os días 27 de outubro e 2 e 6 de novembro.
Esta última viaxe supuxo o traslado a zona de operacións do xefe do continxente e responsable do Rexemento Príncipe da base da Brilat en Cabo Noval (Siero-Asturias), o coronel Fernando García González-Valerio.
En total, xa se desprazaron 668 efectivos, aos que se sumará en breve unha cuarta rotación, que partirá, nesta ocasión, dende o aeródromo militar de Lavacolla, en Santiago de Compostela.
O próximo luns 12 de novembro viaxarán 190 militares e quedarán aínda por desprazarse para asumir a nova misión afgá 215 efectivos. Farano nunha quinta rotación prevista para finais da próxima semana.
Relacionadas:
-
A Brilat toma o mando en Afganistán nun punto de non retorno da misión
Por Natalia Puga |
-
Un tenente da Brilat, ferido leve en Afganistán
Por Natalia Puga |
-
O primeiro avión con soldados da Brilat pon rumbo a Afganistán
Por Natalia Puga |
-
A Brilat empeza unha "misión que sabemos que no va a ser fácil, va a ser larga"
Por Natalia Puga |
-
Máis soldados pontevedreses irán a Afganistán
Por Natalia Puga |