Identifican dúas mulleres ás que sorprenderon intentando levarse roupa dunha tenda
Por Redacción
A Policía Nacional identificou a este luns a dúas mulleres que foron sorprendidas polas dependentas dunha tenda de Benito Corbal intentando supostamente levarse pezas de roupa sen pagalas.
Os feitos aconteceron sobre as 11.30 horas da mañá deste luns na tenda Inside de Benito Corbal. As mulleres entraron e colleron varias pezas, pero as dependentas decatáronse das súas intencións, retivéronas e alertaron a Policía.
Persoas coñecedoras dos feitos explicaron que non era a primeira vez que estas dúas mulleres intentaban furtar nesta mesma tenda. Trátase de dúas veciñas do Vao con antecedentes.
Cando os axentes chegaron ao lugar identificáronas como supostas autoras dunha falta de furto e posteriormente as citaron para acudir a un xuízo rápido nos próximos días.