Benjamín, o vendedor da Oliva dende hai 20 anos, reparte 350.000 euros en cupóns da ONCE
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Benjamín Touriño leva 28 anos vendendo o cupón da ONCE, os 20 últimos na Rúa Oliva, e neste tempo repartiu xa catro premios. O último, no sorteo deste mércores 15 de xaneiro. Dende a mesa que cada día sitúa fronte á sede de Correos, vendeu dez cupóns premiados con 35.000 euros cada un.
Cinco deses cupóns vendeunos directamente na rúa e outros cinco deixounos no bar 'Galerías' das galerías comerciais da rúa Oliva, onde toma café cada mañá e onde deixa boletos dende hai anos. En total, repartiu 350.000 euros.
A experiencia de dúas décadas vendendo no mesmo punto permítelle saber "a quién le tocaron todos menos dos", pero por profesionalidade non achega detalles, só que dous dos premiados son "compradores habituales" e "ya mayores" en canto á súa idade.
O anonimato dura pouco nunha cidade como Pontevedra. Poucas horas neste caso. Faltaban uns minutos para as 11.00 horas cando un cliente se achegou a Benjamín Touriño na Oliva:
- ¿Tú vendes al bar 'Galerías'?
- Sí.
- ¿Vendiste el de ayer?
- Es posible.
- Soy un premiado. Tenía dos cupones.
Anonimato roto. Aínda Que só en parte. O premiado é un comerciante do centro de Pontevedra que prefire que non se diga o seu nome, pero si se mostra moi disposto a contar a súa historia. Os dous cupóns premiados comprounos, como cada día, no bar 'Galerías': "yo siempre cojo dos cupones iguales, dos allí y otros dos en otro sitio, cuatro al día".
Os 70.000 euros que recibirá (en realidade, 56.000 euros unha vez descontados os impostos de Facenda) viranlle "muy bien", é "una inyección de moral tremenda", pois ten un negocio que "va como va toda la economía, mal". ÿ consciente de que a súa situación é mellor que a doutra moita xente, de aí que asegure que no seu caso "no me cambiará la vida, pero sí hay gente que está en una situación crítica, en el paro o cobrando una cantidad ridícula, que le permitirá cambiar la vida un tiempo".
Un tempo despois de decatarse do premio, segue "un poco descolocado". Non sabe "ni donde tengo que cobrar". "¿Qué hay que hacer con el cupón?", pregúntalle a Benjamín Touriño. "Vaya a la ONCE", recoméndalle este.
O premio e o letreiro que pegou no seu posto espertou a expectación dos clientes de Benjamín, que non oculta a súa alegría, pois "repartir siempre hace ilusión, a cualquier vendedor le gusta", e iso que no seu caso o primeiro premio que repartiu se remonta aos anos 80 "cuando el cupón valía 50 pesetas".
A mesma expectación espertouse no bar 'Galerías'. O seu propietario, César Ferro, non repartira nunca ningún premio a pesar de vender habitualmente cupóns. Entre las persoas ás que vendeu un cupón premiado está o cura párroco de Marcón e Tomeza, Don José, que levou dous cando habitualmente compra só un.
Deu sorte xusto cando está a punto de pechar, pois nuns días traspasará o negocio por xubilación.