Restricións circulatorias en Monte Porreiro durante quince días
Por Redacción
Segundo informa a Policía Local de Pontevedra, debido a unha avaría na rede de subministración de auga na rúa Alemaña, é necesario o corte da rúa para reparar a canalización.
Por todo iso, o mércores 8 de xaneiro ás 10:00 horas procédese ao corte da rúa Alemaña, no tramo entre as rúas Eirín e Cambria.
Colocarase sinalización de corte e desvíos así como sinalización informativa para os desvíos.
A duración prevista das obras é de 15 días.