Cortan a rúa Otero Pedrayo ante a crecida do río Gafos
Por Redacción
A rúa Otero Pedrayo foi cortada ao tráfico dende a rotonda da estación de trens ata a confluencia con Conde de Bugallal debido ao desbordamento do río dous Gafos. O caudal aumentou ofrecendo esta imaxe nas proximidades de Campolongo:
(Vídeo de Pedro Landín. Fonte: Youtube)
Ás 7:44 da mañá, os Bombeiros de Pontevedra e axentes da Policía Local tiveron que intervir nesa zona porque un condutor quedara atrapado co seu vehículo no medio da auga que anegaba a rúa Otero Pedrayo. O condutor non sufriu danos pero foi necesaria a actuación dos bombeiros para evitar que o vehículo fose arrastrado pola auga, segundo informaron fontes policiais.
Tamén se rexistraron diversas intervencións en garaxes que se viron inundados no ámbito da canle do río ao seu paso pola cidade.
Ao longo da mañá deste Día de Reis, debido ás insistentes chuvias, os efectivos policiais e do Parque de Bombeiros tiveron que acudir á avenida de Uruguai ante o desprendemento de arbustos e maleza nun noiro nas proximidades á urbanización de Monte Porreiro.
Relacionadas:
-
Avalían os danos causados polo último temporal para subsanalos "o antes posible"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A borrasca estraga parte das instalacións do porto deportivo de Aguete
Por Diego Torrado |
-
O Umia volve desbordar e córtase o tráfico na estrada entre Caldas e Vilanoviña
Por Redacción |