O Masterchef Júnior cócese en Ponte Caldelas
Por Redacción
A Asociación de Mulleres Rurais de Xustáns celebra estes días un curso intensivo de cociña en Ponte Caldelas a cargo da coñecida xefe de cociña pontevedresa Elena Argüello, que acaba de publicar un libro onde presenta receitas e experiencias acumuladas no seu restaurante Rúa de Pontevedra.
A proposta que se presenta cara aos nenos emula o popular programa televisivo Masterchef. Escolares da parroquia de Xustáns recibiron, de xeito gratuíto, ensinanzas sobre como preparar dende un sinxelo prato tradicional a cociñar outros máis complicados. O curso enfocábase tamén para potenciar a autonomía persoal dos máis pequenos da casa e como proceso educativo para que se potencie a colaboración e a convivencia, neste caso, a través das tarefas domésticas relacionadas coa cociña.
Ao mesmo tempo, desenvólvese un curso de cociña para adultos coa asistencia dun amplo número de participantes no Centro Sociocultural Ponte Caldelas.