O avogado Javier Munáiz Puig e o Club Cisne Balonmano, candidatos aos Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Dúas novas candidaturas animan os premios Cidade de Pontevedra. A falta de cinco días para que remate o prazo de presentación de candidatos, son xa tres as persoas físicas ou xurídicas que optan a este recoñecemento. Nos últimos días, a delegación en Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia presentou a candidatura do avogado Javier Munáiz Puig; mentres que a Sociedad Gimnástica fixo o mesmo co Club Cisne Balonmano.
Javier Munáiz Puig, de 73 anos, concorre na categoría de persoas físicas. Leva toda unha vida vinculada ao mundo da xustiza pontevedresa. Empezou a exercer a avogacía no ano 1967 e, entre outros fitos, chegou a ser decano do Colexio de Avogados de Pontevedra. Hai catro anos recibiu a Cruz ao Mérito no Servizo da Avogacía, un dos maiores recoñecementos profesionais que existen no noso país.
Pola súa banda, coa candidatura do Club Cisne Balonmano a estes premios, polo de agora a única persoa xurídica que opta aos mesmos, búscase recoñecer o traballo dunha entidade que neste 2014 cumpre 50 anos de actividade. ÿ un dos equipos deportivos máis recoñecidos non só da cidade de Pontevedra, senón de todo o balonmán galego.
O Concello de Pontevedra mantén aberto o prazo para a presentación de candidaturas para o premio Cidade de Pontevedra. Será ata o vindeiro 7 de xaneiro (incluído). As persoas ou entidades interesadas en presentar candidaturas poden dispor das bases tanto no Rexistro xeral do Concello como no taboleiro de anuncios.
Ata o de agora, a única candidatura presentada era a do padexeiro ÿscar Graña Blanco, presentado pola Federación Galega de Piragüismo.
Relacionadas:
-
O Conservatorio de música Manuel Quiroga tamén opta aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Xosé Fortes e o Rotary Club, últimos candidatos aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
ÿscar Graña, proposto pola Federación Galega de Piragüismo para os premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Quen merece o Premio Cidade de Pontevedra?
Por Redacción |