Marín estrea mellora en tres parques infantís
Por Diego Espiño
Preto de 40.000 euros, achegados na súa maioría pola Xunta de Galicia, serviron para realizar tarefas de mellora en tres parques de Marín.
Os lugares en cuestión foron visitados este xoves pola alcaldesa, Maria Ramallo, e o vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, entre outros.
Grazas a estas actuacións dotouse á zona recreativa situada ao lado da Praza de España, tras a marquesiña de autobús, dunha nova pista polideportiva e instaláronse equipamentos biosaludables para tratar de dar un maior servizo a un espazo "que con buen tiempo concentra a un gran número de niños y de jóvenes que dinamizan el casco urbano de Marín", segundo sinalou María Ramallo.
Ademais o proxecto incluíu a colocación de céspede artificial no parque infantil de Lameira e a instalación de xogos infantís na Moreira.