Percebe a 70 euros, cigalas a 90 e camaróns a 120 euros
Por Oskar Viéitez
Gozar dunha mariscada en Noiteboa custará o mesmo este Nadal que calquera día do resto do ano. Isto é debido a que o marisco de máxima categoría apenas subiu de prezo como acontecería en anteriores campañas.
O marisco de tamaño mediano convértese no máis demandado nestas datas porque é máis alcanzable para os consumidores do Mercado de Abastos de Pontevedra.
Unha lectura que se pode facer desta contención dos prezos é que o consumo destes produtos durante o resto do ano foi tan escaso, que os prezos se derrubaron e agora xa non remontan.
De modo que este ano pouca diferenza encontran os clientes de última hora con aqueles outros consumidores que xa hai días que empezaron a encher despensas e conxeladores..
- Percebe................... 70 euros
- Centola................... 35 euros
- Bois......................... 12 euros
- Nécoras................... 30 euros
- Navalla..................... 18 euros
- Langostinos.............. 12 euros
- Gambón................... 14 euros
- Lumbrigante............. 35 euros
- Camarón................ 120 euros
- Gamba de Huelva..... 12 euros
- Ameixa babosa......... 22 euros
O máis solicitado foi a cigala pero non a había nas bancadas por culpa do temporal. A pouca cigala que houbo vendeuse a 90 euros a grande.
- Linguado................. 15 euros
- Rape....................... 15 euros
- Pescada................... 10 euros
- Rodaballo.................12 euros
- Bacallau..................... 9 euros