A cafetaría-restaurante do Museo xa esta lista para ser adxudicada
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra convocará ao sector hostaleiro para que coñezan as instalacións da cafetería restaurante do Museo provincial antes de iniciar o proceso de adxudicación.
O presidente da institución, Rafael Louzán, visitou este luns estas instalacións que están sendo equipadas para poder acoller a este servizo. Louzán anunciou que a Deputación a dotará de mobiliario para que o concurso público sexa máis ventaxoso e unha vez adxudicado poida empezar a funcionar canto antes "na primavera se é posible".
Consta dun comedor-cafetaría cunha ampla cociña aberta na planta baixa do Edificio Sarmiento así como unha terraza cunha gran ventá aberta ao centro histórico no terceiro piso do Sexto edificio do Museo. Ademais contémplase a posibilidade de habilitar unha gran terraza no espazo entre os dous edificios.
Louzán considera que este novo servizo pode ser todo un revulsivo para a hostalería da zona monumental pontevedresa de cuxa sinerxia beneficiarase o Museo.
UNHA DONACIÿN POR SEMANA
Rafael Louzán subliñou a aposta da Deputación polo Museo de Pontevedra que é "probablemente o único Museo de Galicia que aumenta o número de visitantes", e anunciou unha partida de máis de dous millóns de euros destinada a obras de rehabilitación no edificio Fernández Flórez.
Ademais destacou que o número de doazóns de particulares aos fondos de Museo incrementouse durante este ano 2013 con máis de 70 doazóns "unha por semana".
Finalmente comprometeu para antes do final do ano a presentación do estudo elaborado sobre o estado das ruínas de San Domingos que seguen pechadas ao público desde hai máis de tres meses despois de que se desprendese un dos capiteis interiores do edificio.