O alcalde Lores 'sube aos ceos'
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra recibiu este venres un novo vehículo destinado á Brigada de Iluminación, completando así o proceso de compra e recepción de novas camionetas e camións para diversas áreas.
O alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, aproveitou a oportunidade para comprobar o rendemento do novo vehículo e subiuse na cesta ata unha altura de 16 metros.
O xefe de Bombeiros, Manuel Torres, explicou que con este novo vehículo "ganamos un poquito en altura, además es muy moderno dispone de un habitáculo confortable y al mismo tiempo es un furgon de gran potencia para mover la toma de fuerza y generar esta altura".
Ten elevación dende a cesta, emerxencia dende a base. Tecnicamente é sinxelo pero para a brigada "supone una mejora importante", asegurou Torres "puesto que teníamos muchas limitaciones por lo que habia que recurrir a otros vehículos privados para reponer lámparas y proyectores en el alumbrado público".
Agora mesmo a brigada de iluminación conta con tres vehículos con cesta, este sería o cuarto polo que un deles, o máis antigo, será reconvertido para destinalo a outros usos. Posiblemente quitaráselle o guindastre e utilizarase pola brigada de obras.