O comercio local prevé un aumento das vendas en Nadal respecto ao 2012
Por Oskar Viéitez
O pequeno comercio de Pontevedra prevén que este ano a campaña de Nadal, na que se xogan gran parte do ano, se salde cun crecemento das vendas respecto a 2012, o que supoñerá o primeiro incremento dende o inicio da crise.
A xerente da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa (AEMPE), Conchi Pereiro, asegurou que nunha sondaxe entre os propios comerciantes aprecian que hai máis optimismo que o pasado ano, "no lo ven tan negro", de modo que confían en que haxa "un ligero repunte".
Dous factores fixeron que o 2012 fose nefasto para o sector: a suba do IVE e a supresión da paga extra de Nadal aos funcionarios.
Para este 2013 os negocios pontevedreses esperan que "la gente vaya a comprar más, aunque sean importes más pequeños", apuntou a xerente de AEMPE.
"Nos va a ligerar la asfixia que sufren los comercios", afirmou Conchi Pereiro.
UN NADAL PARA TODOS
Como incentivo a asociación Aempe pon en marcha a campaña "Un Nadal para todos", que pretende ademais recompensar os consumidores que elixan establecementos da cidade para facer as súas compras.
Por cada cada tiquet de compra, os clientes recibirán unha tarxeta cun código. Para saber si está premiado os participantes terán que comprobalo na web www.aempe.com. Poderán presentarse ata un máximo de 18 códigos por persoa. Hai outros tres premios de 1.000, 500 e 300 euros. Ademais doutros dez premios de 150 euros, vinte de 100 e cincuenta e catro de 50 euros.
A campaña arranca o 19 de decembro e rematará o 19 de xaneiro ás 23:59 horas. O sorteo será o día 20 de xaneiro. Aempe comunicará persoalmente aos agraciados o resultado do sorteo.
Ademais haberá unha oficina para resolver calquera dúbida ou consulta na caseta de turismo da Praza de España.
Preto de 300 comercios locais participarán nesta campaña, aínda que a convocatoria está aberta a todos aqueles establecimeintos que queiran adherirse a esta promoción.