Premios ás boas prácticas do Crespo Rivas e do Instituto Luis Seoane
Por Oskar Viéitez
Dous centros educativos pontevedreses foron premiados pola súa innovación.
A Xunta vén de facer pública a resolución dos Premios ás boas prácticas en innovación educativa, resultando gañador do segundo premio a Escola de Educación Infantil Crespo Rivas.
O premio é na Modalidade F, é dicir, a que recoñece a mellora da aprendizaxe e do uso das linguas estranxeiras. O proxecto premiado chámase "I can travel around the World with english". O premio está dotado con dous mil euros.
Ademáis o Instituto de Ensino Secundario Luis Seoane de Monte Porreiro foi premiado co primeiro accesit na categoría referente a atención a diversidade, pola súa proposta "Convivindo con arte". A dotación do premio é de 1.500 euros.
Estes premios pretenden recoñecer as boas prácticas innovadoras desenvolvidas polos centros educativos galegos públicos na súa procura da mellora da calidade educativa.