Eu de maior quero ser... avogada
Por Redacción
Judith Ángel Abilleira ten 10 anos e, de momento, estuda no CEIP Marcón de Pontevedra, pero cando sexa maior ten moi claro onde quere estudar. Na facultade de Dereito. Judith Ángel quere ser avogada "porque me gusta mucho la Justicia y ayudar a la gente".
Aínda ten moitos anos por diante ata poder converterse na avogada coa que soña, pero xa tivo o primeiro achegamento ao mundo do Dereito da súa vida. Resultou gañadora do concurso de debuxo para pequenos artistas 'Os Avogados' organizado polo Colexio de Avogados de Pontevedra na categoría de 4º a 6º de Primaria e este martes recolleu o seu premio de mans do decano da institución, Ramón Jáudenes.
Este nena pontevedresa non había coñecido ata agora a ningún avogado, pero a profesión atráelle "por lo que veo por la televisión" e esta admiración permitiulle pintar o debuxo que o xurado considera máis representativo da visión que ten a sociedade sobre este colectivo laboral.
Judith Ángel, que se levou á casa un comprimido, compartiu protagonismo con outras dúas nenas. Jimena Pedreira Rois, de 4 anos e alumana do CPR Las Calasancias de Pontevedra gañou na categoría de Educación Infantil e levouse un lote de libros e películas. Carmen Barros Covelo, de 8 anos e alumno do CPR La Inmaculada de Ponteareas, gañou na categoría de 1º a 3º de Primaria e marchou da sede do Colexio de Avogados cunha bicicleta.
O decano dos avogados resaltou a creatividade e calidade dos 289 debuxos que participaron no concurso, organizado con motivo da celebración do 175 aniversario do Colexio, "para que en todos los colegios nos conozcáis y así sepais lo que hacemos y nuestro trabajo".
Jáudenes adiantou que os tres gañadores figurarán na postal coa que o órgano colexial felicitará o Nadal. "Vuestros dibujos llegarán por lo menos a 1.500 familias, que son nuestros socios, pero también a autoridades como el coronel de la Guardia Civil, el alcalde de Pontevedra o el director de la cárcel", explicou aos gañadores e os seus familiares e profesores que asistiron ao acto organizado na sede do Colexio.
Tanto os tres gañadores coma o resto de 286 debuxos presentados expoñeranse na sede do Colexio de Avogados na rúa Reina Victoria durante todo o Nadal.