Os xardíns da Praza de España combinarán grandes árbores, arbustos e flores de cores variados
Os xardíns da Praza de España, situados ao redor do monumento aos Heroes de Ponte Sampaio, estrearán moi pronto o seu novo e renovado aspecto. Será a mediados de xaneiro. ÿ a data na que se prevé finalizar os traballos de axardinamento que se están executando na zona e nos que se invisten uns 150.000 euros. Ata entón seguirá instalada o valado que actualmente impide o acceso aos peóns.
O goberno municipal esperaba que estes traballos estivesen concluídos antes de Nadal, pero finalmente haberá que esperar un par de semanas máis. Actualmente estase preparando o terreo para plantar as diferentes árbores, plantas e flores que conformarán o novo xardín. En liñas xerais combinaranse árbores de gran tamaño, arbustos máis pequenos e flores de diferentes cores en cada un dos parterres.
Segundo explicou Manuel Fontán, técnico do departamento municipal de Parques e Xardíns, recuperarase parte do arborado perdido coa plantación de varios magnolios xa crecidos e camelios. Xunto a eles situaranse varias franxas de arbustos e especies de flores con diferentes tonalidades de cor, que lle dará un carácter "máis innovador e atractivo" a un xardín tan representativo da cidade.
As zonas de paso, que habitualmente se embarraban coas choivas, serán melloradas. Serán cubertas por jabre e compactarase todo o terreo para evitar as filtracións. Completarase co cambio de situación dalgúns dos puntos de luz para mellorar o aspecto do conxunto.
Ademais do xardín propiamente dito, esta actuación permitiu tamén mellorar o sistema de recollida de pluviais para reducir o risco de inundacións na zona, instalar bordillos nas catro zonas verdes que formarán os xardíns para impedir o paso por encima deles, instalar o rego automático nas Palmeiras e contemplar a instalación de novo mobiliario urbano, especialmente bancos, nos seus arredores.