Novo xeneral, misión en Mali e convenio cos comuneiros, retos da Brilat para 2014
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A Brigada de Infantaría Lixeira Brilat "Galicia" VII luciu as súas mellores galas no día da súa patroa, a Inmaculada Concepción. Foi unha das novidades que presentou a cerimonia deste ano. ÿ a primeira vez na que a Brigada viste a uniformidade de gala en tal ocasión. Un traxe confeccionado por El Corte Inglés. Así o ordenou o Xefe do Estado Maior do Exército.
Curiosamente este atavío obrigou a facer algúns cambios na tradicional parada militar xa que o traxe non permitía o paso lixeiro e no caso dos mandos teñen que levar sabre.
Ademais a Brilat celebrou a patroa cun xefe interino o coronel Ángel González del Alba Baamonde xefe do Rexemento de Infantaría Lixeira Isabel la Católica.
Espérase que o Consello de Ministros deste venres aprobe o ascenso a xeneral de Luis Cebrián Carbonell, ata o de agora coronel da Brigada de Paracaidistas "Almogávares" VI. O día 16, segundo fontes da Brigada, o BOE publicará este ascenso, graduación necesaria para estar á fronte dunha brigada.
Se todo sae segundo o previsto o día 8 de xaneiro de 2014 tomará posesión o novo xefe da Brilat incorporándose ao seu destino.
Este experimentado militar conta cunha ampla experiencia no exterior o que lle servirá para afrontar a próxima misión internacional da Brilat, será en Mali no primeiro semestre do ano. Unha compañía (ao redor dun centenar de soldados) participará nesta nova misión integrada nunha Brigada Internacional.
Será tamén no 2014 cando se empece a aplicar o convenio cos comuneiros. Entrará en vigor o 1 de xaneiro.
Sobre o acto deste domingo o xefe interino da Brilat ponderou o "especial valor" da presenza de civís na xura de bandeira "sirve para recordar que la defensa de España no es un cometido exclusivo de las fuerzas armadas", dixo. Unha trintena de cidadáns xuraron bandeira no marco dos actos de celebración da Inmaculada Concepción.
Relacionadas:
-
O xeneral Cebrián despídese da Brilat: "No sé si seré reconocido como pontevedrés de toda la vida, pero yo me siento"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat regresará de Mali de xeito inminente
Por Natalia Puga |
-
A Brilat enviará 120 militares a Mali
Por Redacción |
-
O novo xeneral da Brilat: "En paz con los comuneros hemos estado siempre"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
O xeneral Cebrián tomará posesión o mércores do mando da Brilat
Por Redacción |
-
A Brilat xa ten novo xeneral
Por Natalia Puga |
-
O grupo de Artillaría da Brilat recupera o seu nivel de operatividade tras o esforzo de Afganistán
Por Redacción |
-
Defensa entrega aos comuneiros o convenio que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2014
Por Oskar Viéitez |
-
Xeneral Alonso: "Chegou a haber certa incerteza na actual ubicación da Brilat en Pontevedra"
Por Natalia Puga |