Dous feridos na colisión entre un coche e unha furgoneta na variante de Marín
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas a un centro médico a consecuencia dun accidente de tráfico rexistrado pouco despois das 14.00 horas deste xoves na variante de Marín
O accidente consistiu na colisión entre un turismo e unha furgoneta e resultaron feridos os ocupantes de ambos os dous vehículos, pero descoñécese a gravidade das lesións rexistradas.
Segundo informou o Centro de Atención Emerxencias de Galicia 112, un particular alertou do accidente as 14.09. Produciuse no punto quilométrico 10 da vía rápida Marín Bueu VG 4.4. en dirección a Ardán.
Pouco despois, ás 14.41 horas, o 112 ten constancia dun accidente en Barro que tamén deixou feridos. Consistiu na colisión entre dous turismos no lugar de Curro, á altura da rotonda de acceso á autoestrada AP-9.
Ás 14.53 unha persoa resultou ferida leve e tivo que ser trasladada por unha ambulancia do 061 tras verse implicada nun accidente en Vilagarcía. Segundo o 112, trátase dunha colisión entre un coche e unha moto no lugar de Vilar, na parroquia de Bamio.