O xulgado cita na investigación urbanística de Sanxenxo a Francisco Villaverde e José Luis Rodríguez
Por Redacción
O xulgado de Cambados que dirixe a investigación por supostas irregularidades urbanísticas en Sanxenxo acaba de remitir cinco novas citacións a políticos e técnicos para que acudan a declarar en calidade de testemuñas.
Trátase do exedil de urbanismo, Francisco Villaverde, e o actual tenente de alcalde e concelleiro de VIPS, José Luis Rodríguez.
As outras tres persoas citadas a declarar como testemuñas son unha avogada e un delineante da Xerencia de Urbanismo, así como un traballador aínda en activo no Concello.
Segundo detalla o xornalista Carlos García en páxinas de Faro de Vigo, a comparecencia de Francisco Villaverde producirase o próximo día 13 deste mes "como es el día de Santa Lucía espero que mi declaración sirva para arrojar luz sobre todo este asunto", declarou o ex concelleiro.