Máis de 2600 voluntarios traballan na Cruz Vermella coas persoas máis afectadas pola crise en Pontevedra
Por Redacción
O 5 de decembro celébrase o día mundial do voluntariado e con motivo desta data, a Cruz Vermella quere recoñecer o labor que desenvolven 2.600 persoas en Pontevedra dentro do programa 'Chamamento de axuda: Agora + que nunca', unha proposta de colaboración con persoas que se encontran nunha situación complicada e que se vai desenvolver ata 2015.
Cruz Roja Española considera que é fundamental o valor engadido que achegan estes voluntarios como axentes de cohesión social e o activo que supón o voluntariado no exercicio da participación cidadá e a creación de capital social.
Segundo a Cruz Vermella, máis alá das cifras hai persoas, familias, nenos, novos e maiores que atravesan situacións moi difíciles e ás que Cruz Vermella coñece de preto e intenta dar resposta ás demandas máis urxentes das persoas vulnerables teñen que ver coa cobertura inmediata de necesidades básicas.