O PP de Poio pide unha oficina de turismo en Combarro
Por Redacción
O voceiro do Grupo municipal do Partido Popular en Poio, Ángel Moldes, solicitou na Deputación a apertura unha oficina permanente de turismo en Combarro durante a reunión que mantivo coa deputada Ana Isabel Vázquez e a responsable de Turismo Rías Baixas, Ruth González.
Segundo expuxo o concelleiro popular, Combarro é o segundo destino turístico máis visitado de Galicia e conta cunha relevancia fundamental na economía local. Moldes indicou que o turismo de Combarro ten un carácter estratéxico para o concello e repercute en todas as Rías Baixas. Na entrevista, o voceiro popular de Poio sinalou que o Concello de Poio ocupa o quinto lugar por número de pernoctacións no destino Rías Baixas, só superado por Sanxenxo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.
A proposta popular céntrase en situar a oficina permanente de Turismo en Combarro nun edificio catalogado como Ben de Interés Cultural (BIC), como sucede coa oficina permanente do Mosteiro de Armenteira.