Os vándalos arrincan tres magnolios de madrugada dun paseo de Vilagarcía
Por Redacción
A Policía Local de Vilagarcía mantén aberta unha investigación para esclarecer a autoría dun acto vandálico rexistrado na pasada madrugada no paseo exterior da plaza de abastos. Tres magnolios foron arrancados e quedaron tombados no chan.
Á marxe da investigacón policial, persoal do departamento municipal de Xardíns ten previsto examinar as árbores para determinar si dúas delas que foron arrancadas con algo de raíz poden ser replantadas. A terceira tronzou pola parte baixa do tronco, polo que non é recuperable.
O acto vandálico descubrírono, segundo informou o Concello, os primeiros praceiros en presentarse este mércores porla mañá a traballar na praza. Deron a voz de alarma de que os tres magnolios estaban tirados no paseo de García Caamaño.
Trátase dos tres magnolios que decoraban a zona peonil de detrás da praza. Apareceron tombados no chan e unha vez que a Policía de cos autores o Concello ten previsto presentar a correspondente denuncia para que os responsables paguen os custos dos danos ocasionados e, se procede, esixir outro tipo de responsabilidades.
A Policía Local personouse no lugar a instancias do responsable da praza e levantou atestado dos feitos. Segundo constataron os axentes, os troncos dos tres magnolios presentaban marcas á mesma altura, presumiblemente da defensa dun vehículo e tamén aparecen marcas de rodadas nos parterres.
A Policía descarta que as árbores foran arrancadas como consecuencia dun accidente, posto que, ademais de que os magnolios estaban separados entre sí bastantes metros, dous deles aparecen tombados cara un lado e o terceiro no sentido contrario, o que significaría que despois de pasar unha primeira vez pola zona peoníl, o vehículo dou a volta para rematar a faena.
O paseo de García de Caamaño que descorre entre a desembocadura do río do Con e Vista Alegre é peonil e o acceso de vehículos está restrinxido exclusivamente aos comerciantes da praza de abastos para tarefas de carga e descarga. Por esta razón, a barreira de acceso na confluencia do paso coa rúa Valle Inclán, atopábase baixada pola noite.