O ministro do Interior subliña a avanzada tecnoloxía que emprega a Garda Civil en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, concluíu esta tarde a súa extensa axenda de traballo en Galicia coa visita á Comandancia de Pontevedra e ás instalacións do SIVE e o SEPRONA. Neste acto, Fernández Díaz estivo acompañado polo director xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, o xeneral xefe da XV Zona de Galicia, José María Feliz Cadenas, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Fernández Díaz eloxiou o servizo que os axentes prestan aos pontevedreses, "esa es una de nuestras fortalezas, tenemos otras debilidades, pero yo no las voy a mencionar, pero a efectos económicos es importantísimo que para algunos sectores España sea percibido como un país seguro" e citou os casos do comercio ou o turismo.
O ministro prestou especial interese en coñecer o SIVE, o Sistema Integrado de Vixilancia Exterior, capaz de detectar a longa distancia as embarcacións que se aproximen ao noso litoral.
Este sistema permite á Garda Civil ser moi eficaces na loita contra o tráfico de drogas, "en definitiva permite hacer que nuestro país sea más seguro, más impermeable a la criminalidad y a la delincuencia que llega a nuestras fronteras a nuestras costas", dixo o ministro en declaracións aos medios en Pontevedra.
Fernández Díaz apuntou que "que Pontevedra siendo la quinta provincia costera en superficie de litoral de España se haya incorporado al SIVE es una muy buena noticia porque están muy recientes algunas catástrofes que han significado unas tragedias humanas impresionantes y que España ha padecido en el pasado y que hoy afortunadamente gracias a sistemas como el SIVE estamos evitando", dixo en referencia ao naufraxio de Lampedusa o pasado 3 de outubro e no que perderon a vida 366 inmigrantes.
O SIVE, implantado na Comandancia de Pontevedra en maio do 2012, serviu de modelo para a instalación de sistemas de vixilancia costeiro en outros países como Romanía, Bulgaria, Letonia e Hong Kong, "permite a la Guardia Civil tener un control más efectivo en la vigilancia, detección y seguimiento de las actividades irregulares en las aguas costeras de la provincia de Pontevedra, así como la monitorización del tráfico marítimo y el rescate cuando sea necesario", afirmou Fernández Díaz.
A continuación, o ministro do Interior visitou as instalacións do SEPRONA, de cuxo servizo destacou o traballo que vén realizando na loita contra o tráfico ilegal de alimentos falsificados, o control de medicamentos e a xestión de residuos contaminantes.
O SEPRONA conta cunha sección e dous equipos de investigación, así como con 10 patrullas de Protección da Natureza. Dentro das súas demarcacións territoriais destaca a zona costeira da provincia, onde desenvolven a súa actividade de pesca marítima (rías de Pontevedra, Vigo e Arousa), verteduras e urbanismo en zonas costeiras. Tamén é de grande interese, a zona da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, onde se dá a pesca fluvial (especies de angula e lamprea), así como residuos coa zona fronteiriza con Portugal.
SENTENZA DO PRESTIGE
Durante a visita o director xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, que ostentaba o cargo de delegado do Goberno en Galicia en 2002 cando se produciu a catástrofe do Prestige, afirmou que, coa sentenza, "las cosas se han puesto en su sitio 11 años después".
Fernández de Mesa explicou que o ditame xudicial segundo o cal o Estado "no es responsable civil subsidiario" deixa "perfectamente claro que el Gobierno se ajustó a la ley y a derecho" incidindo en que "la responsabilidad penal está en quien desobedeció a la autoridad marítima nacional". Para Arsenio Fernández de Mesa, "queda cumplir el mandato internacional, plenamente aceptado por todos los países del mundo de quien contamina, paga".