Dúas mulleres resultaron feridas nunha tripla colisión na rotonda do Marco
Por Diego Torrado
O 112 informou dun accidente acontecido pouco antes das dez da noite na rotonda do Marco, en Pontevedra, no que se viron implicados tres vehículos.
Como consecuencia desta tripla colisión dúas mulleres resultaron feridas, sendo trasladadas polo 061 ata un centro hospitalario.
Segundo testemuñas presenciais o accidente produciuse ao saltarse o ceda o paso un dos vehículos, impactando contra outro dos turismos que circulaba pola rotonda. Tras o impacto alcanzaron a un terceiro.