'La Tortillita' recibe o Premio Joven Empresario 2013
Por Redacción & Diego Torrado
A firma de franquías de hostalaría, La Tortillita recibiu o Premio Novo Empresario 2013.
Na gala, celebrada no Liceo Casino de Pontevedra, tamén se entregou o Premio Novo Emprendedor a firma Ibérica de Esponjas Vegetales de Caldas de Reis e dous accésits: un de Innovación, a FrutoDS (Soluciones Conceptuales e Innovación SL), un estudo de deseño de produto e comunicación da capital e outro de Creación de Emprego, a Conforocio Consultora SL, unha empresa dedicada á xestión de servizos de lecer e tempo libre que ten a súa base no Espazo emprendedor de AJE.
O empresario Magín Froiz Planes foi distinguido co galardón de honra de mans da ministra de Fomento, Ana Pastor.
No seu discurso a presidenta de AJE-Pontevedra, Lucía Pedroso, anunciou a creación de dous novos espazos emprendedores nos recintos portuarios de Marín e Vilagarcía.
Ademais da ministra de Fomento, entre outras autoridades que asistiron á gala estaban o conselleiro de Economía, Francisco Conde, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o presidente da Confederación de empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño.