Denuncian ante o Hospital que "O copago mata"
Por Redacción & Diego Torrado
Unha concentración ante o Hospital Provincial denunciou os perigos que penden sobre a sanidade pública e "a necesidade de defender un sistema que ata agora foi universal, gratuíto e de calidade".
Ao igual que aconteceu noutros puntos de Galicia, aínda que a distintas horas, Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade promoveu esta protesta.
Co lema "O copago mata", os participantes mostraron o seu rexeitamento á medida anunciada por Sanidade que obrigará os pacientes crónicos non hospitalizados a facer fronte a parte do custo dos fármacos que precisan. A Xunta, polo momento, non precisou a data na que se empezará a pagar en Galicia.